Saltar ao contido

Rick Adelman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRick Adelman

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xuño de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Lynwood, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónPius X High School (en) Traducir
Loyola Marymount University (en) Traducir
Chemeketa Community College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor en Wikidata - 1975 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Convocado porHouston Rockets Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Portland Trail Blazers
Sacramento Kings
Utah Jazz
Chicago Bulls
Minnesota Timberwolves
Golden State Warriors
1965–1968 Loyola Marymount Lions men's basketball

Richard Leonard "Rick" Adelman, nado o 16 de xuño de 1946 en Lynwood (California) é un ex xogador americano profesional de baloncesto e actual adestrador de baloncesto. Foi adestrador dos Golden State Warriors, Portland Trail Blazers, Sacramento Kings, Houston Rockets e Minnesota Timberwolves.

Traxectoria coma xogador

[editar | editar a fonte]

Adelman comezou a súa carreira na Universidade de Loyola dos Ánxeles, agora coñecida como Universidade de Loyola Marymount. No Draft da NBA de 1968, foi elixido polos San Diego Rockets (agora Houston Rockets) na 7ª rolda. Xogou dúas tempadas en San Diego antes de ser elixido polos Portland Trail Blazers no draft de expansión de 1970; xogou entón tres tempadas en Portland. Ademais, xogou para os Chicago Bulls, New Orleans Jazz, e para os Kansas City-Omaha Kings. Rematou a súa carreira coma xogador en 1975.

Traxectoria coma adestrador

[editar | editar a fonte]

De 1977 a 1983, adestrou ao Chemeketa Community College en Salem, Oregón, e despois foi contratado polos Portland Trail Blazers coma asistente do adestrador Jack Ramsay. Cando Ramsay foi despedido e substituído por Mike Schuler en 1986, Adelman continuou coma asistente; cando Schuler foi despedido durante a tempada 1989-90, Adelman foi o adestrador provisional. Tras levar ó equipo aos Playoffs ese ano, Adelman converteuse no adestrador principal ao remate da tempada.

Os seguintes tres anos foron moi exitosos para Adelman e os seus Blazers; o equipo chegou ás Finais da NBA en 1990 e 1992 (perdendo contra os Detroit Pistons e contra os Chicago Bulls, respectivamente), e chegou ás finais da Conferencia Oeste en 1991 (onde perderon contra os Los Angeles Lakers). Adelman pasou outros dous anos no equipo antes de ser destituído ó remate da tempada 1993-94.

En 1995, foi contratado como adestrador dos Golden State Warriors. Foi incapaz de repetir o éxito conseguido en Portland, e foi despedido dous anos máis tarde.

Tras un ano fóra das pistas, Adelman foi contratado polos Sacramento Kings en 1999. Con Adelman ao mando, os Kings foron un dos equipos con máis éxito da Conferencia Oeste, clasificándose para os Playoffs durante cada ano da etapa de Adelman en Sacramento.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]