Saltar ao contido

Ricardo Vázquez Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRicardo Vázquez Gómez
Biografía
Nacementoc. 1903 Editar o valor en Wikidata
Boqueixón, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de maio de 1937 Editar o valor en Wikidata (33/34 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornaleiro, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4273

Ricardo Vázquez Gómez, nado en Boqueixón cara a 1903 e finado en Santiago de Compostela o 11 de maio de 1937, foi un xornaleiro e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xornaleiro veciño de Sergude. Garda das obras do ferrocarril A Coruña-Zamora no tramo A Susana-Santiago de Compostela. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela pola causa 1195/36 o 17 de abril de 1937 xunto con Laureano Amboage Quiñoy, Jesús Rodríguez Vázquez, José Antúnez Barros e Julián Albor Souto, acusados do delito de rebelión, o fiscal pediu a pena de morte para Ricardo Vázquez e Laureano Amboage e reclusión perpetua para os outros.[1][2] Finalmente só Ricardo Vázquez foi condenado a morte, sendo executado en Compostela o 11 de maio de 1937.[3]

  1. El Eco de Santiago, 17-4-1937, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 18-4-1937, p. 11.
  3. El Eco de Santiago, 11-5-1937, p. 2.