Ricardo Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ricardo Varela
Nacemento26 de setembro de 1955
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Ricardo Jacinto Varela Sánchez, nado en Lugo o 26 de setembro de 1955, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado en Relacións Laborais pola Universidade da Coruña traballa de funcionario no Concello de Lugo. Ocupa a secretaría de organización do PSdeG-PSOE desde o ano 2004 e é membro do Comité Federal do PSOE. Foi Conselleiro de Traballo durante o goberno bipartito de Emilio Pérez Touriño, de 2005 a 2009.

En 2011 presentouse ás eleccións xerais como número 1 do PSOE ao Senado e resultou elixido. Nas xerais de 2015 volveu ser elixido senador.


Predecesor:
Belén Prado
 Escudo de Galicia.svg
conselleiro de Traballo
 
2005-2009
Sucesor:
Beatriz Mato