Rexión de Granada
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a5/Localizaci%C3%B3n_de_Andaluc%C3%ADa_Oriental.svg/220px-Localizaci%C3%B3n_de_Andaluc%C3%ADa_Oriental.svg.png)
A Rexión de Granada,[1] tamén coñecida como Andalucía Oriental ou Alta Andalucía, é unha rexión xeográfica, histórica e cultural do leste de Andalucía, formada polos territorios históricos do Reino de Granada e o Reino de Xaén,[Cómpre referencia] pertencentes á Coroa de Castela.
Correspóndese coas actuais provincias de Almería, Granada, Málaga e Xaén. Algunhas asociacións profesionais e outros organismos de dereito público inclúen, para fins prácticos, a cidade independente de Melilla.[Cómpre referencia]