Resolución 1 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Aparencia
Resolución 1 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas | |
---|---|
Asunto | Creación do Comité de Estado Maior |
data | 25 de xaneiro de 1946 |
Sesión núm. | 2 |
Código | S/RES/1 Documento oficial[i] |
Votación | A favor: En contra: Abstención: Ausentes: |
Resultado | Adoptada sen votación |
Membros do Consello en 1946 | |
Permanentes | |
China Francia Reino Unido Estados Unidos Unión Soviética | |
Non permanentes | |
AUS BRA EGY MEX NED POL | |
2 → |
A resolución 1 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, adoptada sen votación o 25 de xaneiro de 1946, invitaba aos meembros permanentes a realizar os preparativos oportunos para celebrar a primeira reunión do Comité de Estado Maior que debía ter lugar o 1 de febreiro dese mesmo ano en Londres.
O comité debía estar composto polos Xefes de Estado Maior dos exércitos dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade. A resolución solicitou como primeira tarefa do mesmo a elaboración de propostas relativas á súa organización interna, persoal e funcionamento para presentalas posteriormente ante o Consello de Seguridade. A creación do Comité de Estado Maior estivo amparada baixo o Artigo 47 da Carta das Nacións Unidas:
1. Establecerase un Comité de Estado Maior para asesorar e asistir ao Consello de Seguridade en todas as cuestións relativas ás necesidades militares do Consello para o mantemento da paz e a seguridade internacionais, ao emprego e comando das forzas postas á súa disposición, á regulación dos armamentos e ao posible desarme.
(...)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Texto da resolución na páxina oficial da ONU(en varias linguas)