Res extra commercium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Res extra commercium é un aforismo propio do Dereito Romano que significa literalmente cousa fóra do comercio[1] e que comprende aqueles bens que están fóra dos negocios xurídicos e por tanto non poden ser obxecto da propiedade ou posesión dunha persoa nin tampouco poden constituír o obxecto de ningún contrato ou acordo, é dicir, non poden ser vendidos, arrendados, prestados, doados nin permutados.[2]

Por exemplo, o artigo 1271 do Código Civil de España, estabelece: "Poden ser obxecto de contrato todas as cousas que non están fóra do comercio dos homes, aínda as futuras...."

Historia[editar | editar a fonte]

O xurista romano Gaio (120-178) distinguía na súa obra Institucións entre res in commercio e res extra commercium, segundo a súa capacidade de estabelecer relacións xurídicas privadas. Podían estar fóra do comercio por razóns de dereito divino, que eran aquelas destinadas a satisfacer esixencias de tipo relixioso, ou por dereito humano positivo. Dentro destas últimas estaría a denominada res publica, que comprendería as cousas destinada a uso público como ríos, pontes, calzadas, prazas, foros, teatros, acuedutos etc.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cosas fuera del comercio" (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Castan Pérez Gómez, Santiago (1995-1996). "A propósito de los bienes de dominio público en el Derecho Romano" (PDF) (en castelán) (3-4). ISSN 1133-3278. Consultado o 8 de xuño de 2021.