Regulamento Electrotécnico para Baixa Tensión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Regulamento Electrotécnico para Baixa Tensión, tamén chamado REBT 2002, é unha normativa do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía de España. Ata a entrada en vigor desta nova normativa empregábase o Regulamento 2413 de 1973. O actual REBT 2002 é o Real decreto 842/2002, do 2 de agosto de 2002. publicado no Boletín Oficial del Estado número 224, do 18 de setembro de 2002. Entrou en vigor de xeito obrigatorio o 18 de setembro de 2003.

O regulamento afecta a instalacións eléctricas de xeración, distribución e consumo de corrente eléctrica alterna de 1000 volts ou inferiores e as de corrente continua de 1500 volts ou inferiores.

Características[editar | editar a fonte]

O regulamento está baseado nas normativas internacionais da comunidade europea a de organismos internacionais EN e CEI.

  • Cítanse normas polos números de referencia, pero sen ano de edición, para que cando aparezan novas versións das normas o Regulamento quede automaticamente actualizado.
  • O proxectista da instalación eléctrica poderá realizar outras execucións diferentes ás prescritas sempre que se garantan os obxectivos mínimos de seguridade esixibles en cada momento.
  • Defínense xuridicamente os instaladores e as empresas autorizadas.
  • Establécese unha categoría básica, para a realización das instalacións eléctricas máis comúns, e unha categoría especial, con varias modalidades, atendendo ás instalacións que teñan peculiaridades relevantes.
  • Defínense novos tipos de instalacións:
    • Granxas do agro e hortas.
    • Automatización.
    • Xestión técnica da enerxía e seguridade para vivendas en edificios.
    • Instalacións en piscinas e zonas con auga.
    • Definición de tensións que proporcionan seguridade elas mesmas, caravanas e parques de caravanas.
  • Auméntase o número mínimo de circuítos en vivendas, por seguridade e comodidade.
  • Esíxese elaboración de documentación técnica, como proxecto ou memoria para a execución e posta en servizo das instalacións, e esíxese a entrega ao titular da instalación dunha documentación onde se reflictan as características fundamentais, o trazado, as instrucións e as precaucións de uso ou mantemento.
  • Establécese inspeccións por organismos de control, no caso de instalacións cunha seguridade que teña especial importancia, sen esquecer que os seus titulares deben mantelas en bo estado
  • As comunidades autónomas con competencias en industria poden fixar normas adicionais para instalacións no seu territorio.

Normativa[editar | editar a fonte]

O Regulamento está dividido en dúas partes:

  • A primeira son 29 artigos con cuestións legais e administrativas
  • A segunda parte son 52 instrucións técnicas complementarias (ITC) baseadas en UNE-EN 20460 Instalacións eléctricas en edificios, de obrigado cumprimento en tódolos países da Unión Europea, distribuídas en dez grupos.

O Real decreto 1053/2014, do 12 de decembro, aproba unha nova Instrución técnica complementaria (ITC) BT 52 Instalacións con fins especiais. Infraestrutura para a recarga de vehículos eléctricos, do Regulamento Electrotécnico para Baixa Tensión.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Normativa[editar | editar a fonte]