Rego dos Tacós
Aparencia
Rego dos Tacós | |
---|---|
País | España |
Comunidade Autónoma | Galicia |
Nacemento | Fragadorca[1] |
Desembocadura | Enseada da Vella[1] Mar Cantábrico |
Altitude desembocadura | 0 m [1] |
Cunca hidrográfica das augas a mar aberto da Mariña Oriental | |
O rego dos Tacós ou Moreira é un río principal na Mariña Oriental, que desemboca entre as rías de Foz e Ribadeo, na enseada da Vella.[1]
Curso
[editar | editar a fonte]Nace na Fragadorca, ó pé do Corno da Granda. Discorre case enteiramente pola parroquia de Piñeira, no concello lucense de Ribadeo, e pasa polas aldeas de Folgosa, Dompiñor e Río, onde desemboca na enseada da Vella, no Mar Cantábrico.[1]