Reconstrución interna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En lingüística histórica, a reconstrución interna é un método que permite, a través dunha comparación sistemática entre elementos dunha lingua, remontarse a fases precedentes desa mesma lingua. Este método baséase no feito de que unha lingua é unha estrutura complexa a varios niveis: fonolóxico, morfolóxico, sintáctico, semántico. No momento no que ocorre un cambio a un nivel, por exemplo o fonolóxico, pode influír tamén noutro nivel, por exemplo o morfolóxico, creando irregularidades. Comparando as formas regulares coas irregulares pódense determinar cales son as formas máis antigas desa lingua.

Un exemplo de aplicación do método da reconstrución interna é o intento de reconstruír as raíces do indoeuropeo; é con todo posíbel que un cambio lingüístico cree amálgamas completas, ata o punto de non volver posíbel a separación dos morfemas. A perdida distinción morfolóxica en formas alternantes, coa perda dos elementos necesarios, crea obstáculos para a aplicabilidade do método.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]