Receptor ligado a encima
Un receptor ligado a encima, tamén chamado receptor catalítico, é un receptor transmembrana, no cal a unión dun ligando extracelular causa unha actividade encimática no lado intracelular.[1] Trátase dunha proteína integral de membrana que posúe tanto funcións catalíticas encimáticas coma de receptor.[2]
Sempre teñen dous importantes dominios, un dominio de unión a ligandos extracelular e un dominio intracelular con función catalítica; e unha hélice transmembrana. A molécula sinalizadora únese ao receptor na parte externa da célula e causa un cambio conformacional que afecta á función catalítica do receptor localizada no lado interno da célula.
Exemplos de actividade encimática deste tipo de receptores son:
- Receptor tirosina quinase, como no receptor do factor de crecemento de fibroblastos. A maioría dos receptores ligados a encima son deste tipo.[3]
- Proteína quinase específica de serina/treonina, como na proteína morfoxenética ósea
- Guanilato ciclase, como no receptor do factor natriurético atrial
Tipos
[editar | editar a fonte]Velaquí unha lista das cinco familias maiores de receptores catalíticos:
Familia | Membro | Xene | Actividade catalítica | Ligandos endóxenos | Ligandos sintéticos |
---|---|---|---|---|---|
Erb[4] | ErbB1 (receptor do factor de crecemento epidérmico) | EGFR | Tirosina quinase EC 2.7.10.1 | factor de crecemento epidérmico, anfirregulina, betacelulina, epixen, epirregulina, HB-EGF, TGFa | GW583340, gefitinib, erlotinib, tyrphostin AG879 e AG1478 |
ErbB2 | ERBB2 | " | |||
ErbB3 | ERBB3 | " | NRG-1, NRG-2 | GW583340, gefitinib, erlotinib, tyrphostin AG879 e AG1478 | |
ErbB4 | ERBB4 | " | Betacelulina, epirregulina, HB-EGF, NRG-1, NRG-2, NRG-3, NRG-4 | GW583340, gefitinib, erlotinib, tyrphostin AG879 e AG1478 | |
GDNF (factor neurotrófico derivado de célula glial)[5] | GFRa1 | GFRa1 | " | GDNF > neurturina > artemina | |
GFRa2 | GFRa2 | " | Neurturina > GDNF | ||
GFRa3 | GFRa3 | " | Artemina | ||
GFRa4 | GFRa4 | " | Persefina | ||
NPR (receptor do péptido natriurético)[6] | NPR1 | NPR1 | Guanilil ciclase EC 4.6.1.2 | Péptido natriurético atrial | |
NPR2 | NPR2 | " | Péptido natriurético de tipoC | ||
NPR3 | NPR3 | " | Péptido natriurético atrial | ||
NPR4 | NPR4 | " | Uroguanilina | ||
Receptor da neurotrofina trk[7] | TrkA | NTRK1 | Tirosina quinase EC 2.7.10.1 | Factor de crecemento dos nervios > NT-3 | GW441756, tyrphostin AG879 |
TrkB | NTRK2 | " | Factor neurotrófico derivado do cerebro, NT-4/NT-5 > NT-3 | ||
TrkC | NTRK3 | " | NT-3 | ||
p75 | NGFR | " | NGF, BDNF, NT3, NT4/5 | ||
Receptor de tipo Toll[8] | TLR1 | TLR1 | " | ||
TLR2 | TLR2 | " | Peptidoglicano | ||
TLR3 | TLR3 | " | PoliIC, poliinosina-policitosina | ||
TLR4 | TLR4 | " | LPS, lipopolisacárido derivado de bacterias gramnegativas | ||
TLR5 | TLR5 | " | Flaxelina | ||
TLR6 | TLR6 | " | |||
TLR7 | TLR7 | " | resiquimod, imiquimod | ||
TLR8 | TLR8 | " | |||
TLR9 | TLR9 | " | CpG, ADN enriquecido en pares citosina:guanosina | ||
TLR10 | TLR10 | " |
References
[editar | editar a fonte]- ↑ Ronald W. Dudek (1 de novembro de 2006). High-yield cell and molecular biology. Lippincott Williams & Wilkins. pp. 19–. ISBN 978-0-7817-6887-0. Consultado o 16 de decembro de 2010.
- ↑ Alexander SP, Mathie A, Peters JA (febreiro de 2007). "Catalytic Receptors". Br. J. Pharmacol. 150 Suppl 1 (S1): S122–7. PMC 2013840. doi:10.1038/sj.bjp.0707205.
- ↑ "lecture10". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2007. Consultado o 17 de xaneiro de 2018.
- ↑ Alexander SP, Mathie A, Peters JA (February 2007). "Catalytic receptors: ErbB family". Br. J. Pharmacol. 150 Suppl 1: S146. doi:10.1038/sj.bjp.0706476.
- ↑ Alexander SP, Mathie A, Peters JA (February 2007). "Catalytic receptors: GDNF family". Br. J. Pharmacol. 150 Suppl 1: S147. doi:10.1038/sj.bjp.0706477.
- ↑ Alexander SP, Mathie A, Peters JA (February 2007). "Catalytic receptors: Natriuretic peptide family". Br. J. Pharmacol. 150 Suppl 1: S148. doi:10.1038/sj.bjp.0706478.
- ↑ Alexander SP, Mathie A, Peters JA (February 2007). "Catalytic receptors: Neurotrophin family". Br. J. Pharmacol. 150 Suppl 1: S149. doi:10.1038/sj.bjp.0706479.
- ↑ Alexander SP, Mathie A, Peters JA (February 2007). "Catalytic receptors: Toll-like receptor family". Br. J. Pharmacol. 150 Suppl 1: S150. doi:10.1038/sj.bjp.0706480.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |