O escudo do Real Jaén ten forma semellante a un corazón, aínda que cun pequeno pico cara a arriba. De bordos morado, en fondo branco figura o nome da cidade, sobre as letras C e F entrelazadas. Na parte superior ten unha coroa, que representa o título de Real que ostenta o Jaén.
Uniforme titular: Camiseta, pantalón e medias brancos, con algúns detalles, reberetes ou ata as mangas en morado.
Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias morados, con detalles ou reberetes en branco.
Terceiro uniforme: Como tal non existe, pero ante equipos con pantalón claro e camiseta escura o Real Jaén utiliza a camiseta do primeiro equipamento e os pantalóns e medias da segunda. Ocasionalmente pode ocorrer ao contrario, tendo que vestir a camiseta do segundo equipamento e os pantalóns e medias da primeira.
Inaugurado en 2001, con capacidade para 12.569 persoas. O primeiro partido oficial que se xogou nel, foi o que enfrontou ao Real Jaén co Poli Ejido na 2ª xornada da liga 2001-2002 en Segunda división, sendo o resultado final a vitoria por 3 a 1 do conxunto jiennense.