Raúl III de Valois
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 992 |
Morte | 1060 (67/68 anos) |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | House of Vexin (en) |
Cónxuxe | Adèle de Breteuil |
Fillos | Raúl IV de Valois |
Pai | Walter II of Vexin |
Irmáns | Dreux de Vexin Oda de Vexin Foulques de Vexin |
Raúl III de Valois tamén chamado Raúl III de Vexin (por ser da casa condal de Vexin, aínda que nunca foi conde de Vexin) ou Raúl de Mantes[1], finado en 1060, foi conde de Valois. Era fillo de Gautier II o Branco (m. despois de 1017], conde de Vexin e de Amiens. Foi conde entre 1017/1024 e 1038.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Á morte do seu pai, para preservar o patrimonio familiar, os dous fillos mais vellos (Raúl e Dreux) [2] compartiron os condados. Dreux, o grande, recibiu o Vexin e Amiens e seguiu sendo fiel ao rei Capeto, mentres que Raúl obtivo o Valois e achegouse ao conde de Blois, máis tarde conde de Troyes e Meaux. Durante o seu goberno, o conde de Vermandois apoderouse do condado de Montdidier (excepto Coucy e Ramerupt), pero Raúl III arrebatoullo[3].
Casou con Adela de Breteuil, filla de Gilduíno, señor de Breteuil, vizconde de Chartres, e de Emmelina. Tiveron a:
- Raúl IV de Valois, III de Vexin e Amiens, chamado o Grande (m. 1074), conde de Valois e despois de Vexin e Amiens (Raúl III).
- Teobaldo (Thibaut).
- Quizais tiveran outro fillo, Gautier, que foi señor de Guise en 1058[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ . Xenealoxía de Raúl de Mantes no enderezo Medieval Lands
- ↑ De feito había un segundo fillo, Folque, que foi bispo de Amiens; o pequeno, Guido, debía ser moi novo.
- ↑ Despois o seu fillo Raúl IV consolidou os dereitos por matrimonio con Leonor señora de Péronne, con dereitos sobre Montdidider
- ↑ Dominio que se tería consolidado de maneira hereditaria á abdicación de Simón de Vexin en 1077
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pierre Bauduin, La Première Normandie (Xe-XIe siècles)
- Édouard de Saint Phalle, «Les comtes de Gâtinais aux Xe et XIe siècle», en Onomastique et Parenté dans l'Occident médiéval, Oxford, Prosopographica et genealogica, 2000, 310 páxs. (ISBN 1-900934-01-9), páxs. 230-246