Raspay
Coordenadas: 38°26′35.7″N 1°5′25.7″O / 38.443250, -1.090472
Raspay (en valenciano: Raspai), tamén coñecido como El Carxe, é unha pedanía do concello de Yecla, na Rexión de Murcia. Situada na fronteira coa provincia de Alacant, forma parte da rexión do Carche, de fala valenciana.
Historia[editar | editar a fonte]
O poboamento permanente da zona remóntase a 1855, cando Antonio Ibáñez (nado na cidade albaceteña de Almansa o 9 de marzo de 1829) encargouse da reitoría da pedanía e converteuse no primeiro cura desas tierras. En 1855, data da súa entrada en Yecla, como reitor de Raspay e, moi pronto, como ecónomo da Asunción, o Concello está gobernado polo avogado Fortunato Díaz e Maza de Liñaza (1815-92), progresista partidario do xeneral Espartero.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Atópase situada na Serra das Pansas, unha das estribacións da Serra do Carche. Dispón de varias paraxes de interese, entre os que destacan a Cova da Zurriera, a de Jaime El Barbudo e a Font de les Panses.
O núcleo está formado por dous barrios separados por un torrente. O barrio máis oriental é Enfront e o outro Darrere. Preto de Raspay está o núcleo deshabitado de Quitapellejos.
Demografía[editar | editar a fonte]
Raspay ten unha poboación de 126 habitantes, 60 homes e 66 mulleres (INE 2007).
2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
147 | 145 | 135 | 134 | 135 | 129 | 128 | 126 | 119 |
Festividades[editar | editar a fonte]
As festas patronais de Raspay celébranse a finais de xuño na honra do Sagrado Corazón de Xesús e do Doce Corazón de María. Ademais, tamén celebran San Isidoro o día 20 de maio para non coincidir coas festas de Yecla.