RapidEye

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación artística duns satélites RapidEye.

RapidEye foi unha serie de satélites artificiais comerciais da empresa homónima para observación da Terra.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os cinco satélites RapidEye foron lanzados nun único foguete Dnepr o 29 de agosto de 2008 a unha órbita circular de 620 km de altura. Cada satélite tiña unha masa de 150 kg e usaba o bus SSTL-150. A enerxía eléctrica era xerada por células solares. A cámara de cada satélite podía obter imaxes en cinco bandas espectrais abarcando do infravermello ao visible cunha resolución de 6,5 m e en anacos de terreo de 77 x 1500 km. Os cinco satélites estaban separados por 19 minutos na mesma órbita, garantindo imaxes relativamente frecuentes da mesma zona. Os satélites foron retirados en marzo de 2020, tras 11 anos de servizo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2023). "RapidEye 1, 2, 3, 4, 5" (en inglés). Consultado o 6 de outubro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "RapidEye 1, 2, 3, 4, 5" (en inglés). Consultado o 6 de outubro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]