Ramiro Ciorraga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramiro Ciorraga
Ramiro Ciorraga Soto.jpg
Nacemento17 de xaneiro de 1869
 A Estrada
Falecemento30 de agosto de 1908
 Cangas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

Ramiro Ciorraga Soto, nado na Estrada o 17 de xaneiro de 1869 e finado en Cangas o 30 de agosto de 1908, foi un sacerdote galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Ciorraga Mozo, secretario do Xulgado da Estrada e de Dolores Soto Riveira. Estudou a carreira eclesiástica no Seminario de Santiago de Compostela e ordenouse sacerdote. Foi cóengo da Catedral de Santiago de Compostela. Morreu en Cangas o 30 de agosto de 1908 onde estaba para predicar na festa do Cristo.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1912 o concello da Estrada acordou dar o seu nome á praza onde estaba a súa casa. En 1918 colocouse unha placa. Coa República o seu nome desapareceu do rueiro estradense.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Castiñeira, Manuel; Arca, Olimpio (2008). Ramiro Ciorraga Soto. A Estrada: Fervenza. ISBN 978-84-96368-70-5. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]