Ramón Sánchez-Pizjuán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ramón Sánchez Pizjuán")
Busto de Ramón Sánchez-Pizjuán instalado no estadio do Sevilla.

Ramón Sánchez-Pizjuán Muñoz, nado en Sevilla o 21 de decembro de 1900 e finado na mesma cidade o 28 de outubro de 1956, foi un avogado andaluz, coñecido por ser o presidente do Sevilla Fútbol Club durante 17 anos, en 2 etapas distintas: 1932-1942 e 1948-1956.

Chegou ao Sevilla FC en 1918 como porteiro, pero non tivo moito éxito como futbolista. Con 23 anos entrou a formar parte da directiva presidida por Manuel Blasco Garzón no posto de secretario, cargo que mantivo co seguinte presidente, Juan Domínguez Osborne. En 1932 asumiu a presidencia do equipo, nun mandato que duraría unha década. En 1942 dimitiu ao ser nomeado vicepresidente da Federación Española de Fútbol e trasladar polo tanto a súa residencia a Madrid, pero retomou a presidencia en 1948.

Durante o seu mandato, o Sevilla FC conseguiu tres Copas de España (1935, 1939 e 1948).

Proxectou a construción dun novo estadio para o Sevilla FC nuns terreos que comprou en 1937 aínda que morreu antes do inicio das obras. O estadio, que comezou a construírse pouco despois da súa morte, foi bautizado co seu nome: Estadio Ramón Sánchez Pizjuán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]