Saltar ao contido

Ramón Mosquera Montes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Mosquera Montes
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte22 de abril de 1923 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Santiago de Compostela
22 de xuño de 1883 – 1 de abril de 1884
← Felipe Gutiérrez de la PeñaJosé López Amarante → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsEduardo Mosquera Montes Editar o valor en Wikidata

Ramón Mosquera Montes, finado en Santiago de Compostela o 22 de abril de 1923,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de José Mosquera Pallares e Vicenta Montes. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi director do Hospital de Santiago até 1868. Concelleiro en Santiago de Compostela, foi nomeado alcalde en xuño de 1883 e suspendido como tal en marzo do ano seguinte. Foi deputado provincial por Arzúa-Ordes en 1888 e 1897. Foi decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.


Predecesor:
Felipe Gutiérrez de la Peña
 
Alcalde de Santiago
 
1883 - 1884
Sucesor:
José López Amarante

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Carolina Vázquez Pimentel, filla de José Vázquez Pimentel, e foi pai de María, Jesús, Esclavitud e José Mosquera Vázquez-Pimentel.

  1. El Ideal Gallego, 24-4-1923, p. 8.