Ramón Álvarez García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Álvarez García
Nacemento31 de agosto de 1870
 Monforte de Lemos
Falecemento19 de xaneiro de 1903
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Ramón Álvarez García, nado en Monforte de Lemos o 31 de agosto de 1870 e finado na mesma cidade o 19 de xaneiro de 1903, foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou nos Escolapios, pero tivo que deixar os estudos polo falecemento do seu pai. Converteuse en procurador en Monforte. Afeccionado á música, foi presidente da Sociedad de Declamación y Canto Recreo Juvenil de Artesanos (1893) e despois do Orfeón Eco Monfortino. Colaborou en El Eco de Lemos e fundou e dirixiu os periódicos El Porvenir de Monforte e La Concordia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Baamonde, Miguel Ángel (1994). Deputación Provincial, ed. Medio siglo de periodismo monfortino. Lugo. p. 118. ISBN 84-8192-024-X.