Rafael Bañón Rodes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rafael Bañón Rodes
Nacemento7 de outubro de 1929
 Alacant
Falecemento4 de xullo de 2004
 Alacant
Nacionalidadeespañola
Alma máterUniversidade de Murcia
OcupaciónXurista
EstudosLicenciado en Dereito
PremiosVéxase o texto
editar datos en Wikidata ]

Rafael Bañón Rodes, nado en Alacant o 7 de outubro de 1929 e finado na mesma cidade o 4 de xullo de 2004, foi un xurista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Murcia, conseguiu a praza de xuíz por oposición no ano 1956.[1]​ Tras ser destinado aos concellos almerienses de Sorbas, Vélez Rubio e Huércal-Overa, fíxose cargo en 1962 do xulgado único de Elx.[1] Posteriormente foi ascendido a maxistrado e destinado a Palma e, en 1982, á Audiencia provincial de Alacant, onde se fixo cargo da Sección Terceira.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Cruz Distinguida de segunda clase da Orde de San Raimundo de Peñafort.
  • Cruz Distinguida de primeira clase de Orde de San Raimundo de Peñafort.
  • Cabaleiro electo do Misterio de Elx.
  • Colexiado de Honor do Ilustre Colexio de Procuradores de Alacant.
  • Colexiado de Honor do Ilustre Colexio de Avogados de Elx.
  • Medalla das Ciencias Penais e Criminolóxicas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Marín Sessé, Tirso (2010). 40 Alicantinos (en castelán). Alacant. p. 280. ISBN 978-84-613-8541-6.