Saltar ao contido

Radomo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Radomos no Centro de Operacións Navais de Misawa, Xapón.
Fragata onde se aprecian radomos

Radomo, suma das palabras radar e domo (cúpula), é o recubrimento dun radar ou antena co fin de protexela da intemperie pero sen que afecte ás súas propiedades electromagnéticas, permitindo pasar as ondas de radio á perfección.

A cuberta pódese construír con diversas formas (esférica, cúpula xeodésica etc.). E en función da utilización da antena o material de construción tamén pode variar (fibra de vidro, PTFE etc.). Nos avións e aeronaves, os radomos ademais de ofrecer protección reducen a resistencia aerodinámica.