Radio del Principado de Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unidade móbil de RPA.

A Radio del Principado de Asturias (RPA) é unha emisora de radio autonómica do Principado de Asturias. É a radio do Ente Público de Comunicación do Principado de Asturias e da Radiotelevisión del Principado de Asturias (RTPA). Comezou as súas emisións en probas a mediados do ano 2006 e empezou a emitir regularmente o 21 de decembro de 2007 ás 8:00 co espazo informativo "El día como viene", presentado por Xana Iglesias. Desde entón incorporáronse novos programas e a súa grella foi modificada en diversas ocasións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]