Rachel Green
Aparencia
| Rachel Green | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
| Obra | |||||||
|
Presente na obra
| |||||||
|
Creador/a
| |||||||
|
Interpretado por
| |||||||
| Biografía | |||||||
|
Data de nacemento
| |||||||
|
Sexo
| |||||||
|
Linguas faladas
| |||||||
| Actividade | |||||||
|
Ocupación
| |||||||
|
Empregador/a
| |||||||
|
Lugar de traballo
| |||||||
| Familia | |||||||
|
Nai
| |||||||
|
Pai
| |||||||
|
Cónxuxe
| |||||||
|
Parella
| |||||||
|
Irmá/n
| |||||||
|
Fillo/a
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||

Rachel Karen Green é unha personaxe de fición da popular serie televisiva dos Estados Unidos Friends (1994-2004), dándolle vida a actriz Jennifer Aniston, quen recibiu premios Emmy e un Globo de Ouro pola súa interpretación.
Biografía
[editar | editar a fonte]Rachel apareceu no episodio piloto correndo ata Central Perk cun vestido de noiva empapado pola chuvia procurando a súa mellor amiga do instituto Monica Geller, con quen perdera o contacto. Rachel, a diferenza de Monica, foi popular durante o instituto. Antes da serie, Rachel fuxiu da súa voda con Barry Farber (ou Barry Finkle, como foi coñecido inicialmente) ó descubrir que unha salseira que lle deran de agasallo para a voda excitáballe máis ca el.