Saltar ao contido

REX

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «REX 2»)

REX (acrónimo de Radiation Experiment), tamén coñecidos como ISES (Integrated Space Experiment System), foron un par de satélites artificiais dos Estados Unidos para o estudo da ionosfera.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

Os dous satélites REX foron lanzados por separado, REX 1 o 29 de xuño de 1991 a bordo dun foguete Scout G1 e REX 2 o 9 de marzo de 1996 mediante un Pegasus XL. O seu obxectivo foi estudar os efectos da ionosfera nas transmisións de radio. Os satélites estalizábanse mediante gradente gravitatorio usando un mastro de 6 m de longo cunha masa de 2,5 kg no extremo e utilizaban GPS para navegación e control de actitude. ambos usaban o bus GemStar, tendo REX 1 unha masa total de 86 kg e REX 2 de 110 kg. A enerxía eléctrica en cada satélite era proporcionada por catro paneis solares.[1][2]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2023). "REX" (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "REX (P89-1A, P94-2)" (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]