Río Kennet, Suffolk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°13′12″N 0°30′35″O / 52.22000, -0.50972

O Kennet en Badlingham, Cambridgeshire

O río Kennett é un río que discorre polos condados de Suffolk e Cambridgeshire, no leste de Inglaterra.

Nace nos outeiros ao oeste de Cowlinge Hall, no oeste de Suffolk, a unha altitude duns 108 m sobre o nivel do mar. Flúe cara ao nordeste até a aldea de Cowlinge antes de virar cara ao oeste, cruzando a fronteira do condado de Cambridgeshire, na parroquia de Kirtling. Despois de pasar só un par de quilómetros por Cambridgeshire, cruza de novo a Suffolk, onde flúe cara ao norte, a través de Dalham e Moulton. En Kentford forma a fronteira entre Suffolk e Cambridgeshire, ao redor dunha milla, volvendo a pasar a Cambridgeshire ao norte da aldea de Kennett. Cando chega a Freckenham, despois de percorrer 28 km desde o seu necemento, desemboca no río Lee Brook, un afluente, á súa vez, do Lark, a unha altitude duns 10 m sobre o nivel co mar.

Este río xeralmente seca no verán.