Era Querimònia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Querimònia»)

Era Querimònia é un conxunto de privilexios outorgados polo rei Xaime II de Aragón ao Val de Arán en 1313 e que constitúe o dereito histórico do Arán.

Os privilexios foron outorgados dende Lleida polo rei Xaime II o 23 de agosto de 1313. Concedéronse despois do retorno do Val de Arán ao dominio da Coroa de Aragón e unha vez finalizada a administración do val por parte dos reis de Mallorca.

Foron confirmados polo rei Afonso IV de Aragón en 1328 e respectados tamén por Pedro IV de Aragón despois de aceptar a oposición aranesa a venda do territorio ao conde Hug Roger II de Pallars Sobirà en 1385. O rei Xoán II de Aragón concedeu aos araneses varias exencións e dereitos, e en 1389 as Cortes de Monzón declararon o Val parte do territorio do Principado de Cataluña (integración confirmada despois pola Generalitat de Cataluña) durante o interregno posterior á morte de Martiño o Humano en 1410, que poñía fin á independencia do Val de Arán, que ata entón só estivera vinculado a Cataluña pola comunidade de Sobirà. A Querimònia foi confirmada tamén por Filipe V de España pola fidelidade aranesa á causa borbónica, sendo confirmada tamén por Fernando VII (1817) e Isabel II (1846).