Queixo de Murcia
Aparencia
O Queixo de Murcia é un queixo de leite de cabra pasteurizada con denominación de orixe protexida. Elabórase en España, concretamente en todos os municipios da provincia de Murcia.
A D.O. protexe a dous tipos de queixo. Por un lado está o queixo fresco, graxo, non madurado, con forma cilíndrica dunha altura entre cinco e oito centímetros e codia practicamente inexistente, mostrando o gravado de pleita. Por outro, o curado, que é tamén graxo, de pasta prensada e non cocida e que se presenta en forma de cilindro lixeiramente máis alto, entre 7 e 9 centímetros; a codia é lisa e sen marcas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Queixo de Murcia no Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (en castelán)