Profundo (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os Profundos (the Deep Ones, no inglés orixinal) son criaturas ficticias que creou H.P. Lovecraft e que apareceron por primeira vez n'A Sombra sobre Innsmouth.

Son seres recorrentes nos Mitos de Cthulhu, e son relacionados normalmente con elementos destes como o pobo de Innsmouth, a cidade submarina de Y'ha-nthlei, a Orde Esotérica de Dagón, e os seres chamados Pai Dagón e Nai Hidra.