Profilaxe post-exposición para o VIH

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A profilaxe post-exposición para o VIH (PEP) é un esquema preventivo para evitar a transmisión do VIH logo dunha posible exposición ó virus. Debe iniciarse canto antes logo da situación de risco, xa que a súa eficacia diminúe drasticamente se se comeza máis de 72 horas despois da exposición ó virus. Consiste na toma de antirretrovirais por un período de 28 días.[1]

Tipos de exposición[editar | editar a fonte]

  • Exposición ocupacional: é o acto de exposición dunha persoa traballadora da saúde ó contacto con fluídos potencialmente infectados con VIH ou a través dunha lesión.
  • Exposición non ocupacional: é o acto de exposición dunha persoa ó contacto co VIH fóra de situacións ocupacionais. Inclúe por exemplo as relacións sexuais sen protección cunha persoa con VIH (violación, rotura de condón), compartir agullas ou outros equipos para o consumo de drogas, ou outro tipo de contactos cos fluídos que transmiten o VIH.[2]

Mecanismo[editar | editar a fonte]

É un réxime de medicación mediante fármacos antirretrovirais que debe empregarse nas primeiras horas e funciona se se comeza durante as seguintes 72 horas á exposición, aínda que é menos eficaz con cada hora que pasa. Este tratamento prevén a seroconversión da persoa e evita por tanto a infección por VIH.[3][4][5]

Existen guías de administración de PEP para grupos específicos, o tratamento debe ser indicado por unha persoa profesional da saúde de acordo ás características da exposición e da persoa.[2][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Profilaxis posexposición (PEP) El VIH/SIDA". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2019. Consultado o 2019-06-29. 
  2. 2,0 2,1 Paraguai. Ministerio de Salud Pública y Bienestar Social. Programa Nacional de Control de VIH/ITS (PRONASIDA). "Recomendaciones básicas. Profilaxis post exposición ocupacional y no ocupacional al VIH, Virus de la hepatitis B y C, y normas de bioseguridad.". Arquivado dende o orixinal o 15/09/2019. Consultado o 29/06/2019. 
  3. "Ignorance of post-exposure prophylaxis guidelines following HIV needlestick injury may increase the risk of seroconversion -- Diprose et al. 84 (6): 767 -- British Journal of Anaesthesia". Consultado o 5 de marzo de 2008. 
  4. "PEP: THE BASICS". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2011. Consultado o 01 de abril de 2011. 
  5. "HIV/AIDS Bureau - HIV Care Pocket Guide 2006 - Occupational HIV Postexposure Prophylaxis (PEP)". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2008. Consultado o 5 de marzo de 2008. 
  6. "Post-Exposure Prophylaxis (PEP) | HIV Risk and Prevention | HIV/AIDS | CDC". 2018-09-06. Consultado o 2019-06-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]