Procesador de dinámica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un procesador de dinámica é un dispositivo capaz de controlar o volume ou a dinámica dun sinal de xeito automático. Isto emprégase a miúdo para, por exemplo, evitar que o exceso de volume sature o amplificador de potencia, manter a voz dun cantante que tanto berra coma susurra ou evitar o molesto ruído que se da na ausencia de sinal.

Ao falar de procesadores de dinámica, principalmente atopamos compresores/limitadores e portas de ruído/expansores

Todos estes dispositivos constan dos seguintes controles comúns:

  • Limiar: Correspondese cun nivel que podemos prefixar, a partir do cal o procesador de dinámica comezará a actuar xa ben sexa comprimindo ou porteando o sinal.
  • Tempo de ataque: Correspondese co tempo (en milisegundos) que tarda o dispositivo en comezar a actuar unha vez que o sinal chegue ó nivel do límite.
  • Tempo de relaxación: É o tempo en milisegundos que tarda o dispositivo en deixar de procesar o sinal.
  • Ratio: Correspondese coa relación de compresión ou porteo dependendo do dispositivo. É a cantidade de atenuación ou ganancia que se lle aplica o sinal.
  • Bypass ou desactivación: Emprégase para comparar o sinal procesada co sinal orixinal. O único que fai é desactivar o dispositivo.

Compresor[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Compresor (son).

Unha importante función do compresor é a de variar o nivel dun determinado sinal cun exceso de volume. Aínda que as súas aplicacións son múltiples. Unha das principais funcións é a de controlar a enerxía dun sinal, controlando as variacións de enerxía poderemos ter o sinal a un nivel máis ou menos constante evitando os picos e vales. Outra das funcións do compresor é a de recortar os picos de sinal reducindo así a súa marxe dinámica.

Limitador[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Limitador (audio).

A limitación non é máis que unha compresión exaerada. Considérase limitación a partir dun ratio de 20:1 en diante, xa que o que fai o limitador non é recortar os picos de sinal, senón que os elimina directamente sen ningún tipo de marxe.

Expansor[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Expansor (audio).

Este dispositivo atenúa o sinal en función do mesmo, é dicir, atenúa o sinal en canto menor nivel ten o mesmo.

Porta de ruído[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Porta de ruído (audio).

A función deste dispositivo é a de atenuar todo aquel sinal que non chegue ó nivel do límite prefixado.