Primeiro ministro de Gales
Aparencia
(Redirección desde «Primeiro Ministro de Gales»)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.) |
O primeiro ministro de Gales (en galés: Prif Weinidog) é o líder da Asemblea do Goberno Galés, o poder restituído a Gales. Cando foi instaurado segundo a Acta do Goberno de Gales 1998, o título era coñecido como Primeiro secretario (en galés: Prif Ysgrifennydd), xa que a Gales se lle dera unha asemblea e un executivo menos poderosos do que a Irlanda do Norte ou a Escocia.
O cambio de título ocorreu despois de que os liberais formasen un goberno de coalición cos laboristas na Asemblea Galesa en outubro do 2000. O cambio de título non tivo efectos legais.
Primeiro secretario
[editar | editar a fonte]# | Nome | Dende | Ata | Partido |
---|---|---|---|---|
1. | Alun Michael | 12 de maio de 1999 | 9 de febreiro de 2000 | Partido Laborista |
Rhodri Morgan | 9 de febreiro de 2000 | 15 de febreiro de 2000 | Partido Laborista | |
2. | Rhodri Morgan | 15 de febreiro de 2000 | 16 de outubro de 2000 | Partido Laborista |
Primeiro ministro
[editar | editar a fonte]# | Nome | Dende | Ata | Partido |
---|---|---|---|---|
1. | Rhodri Morgan | 16 de outubro de 2000 | 8 de decembro de 2009 | Partido Laborista |
1. | Carwyn Jones | 9 de decembro de 2009 | presente | Partido Laborista |