Praia de Area de Secada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia de Area de Secada
Coordenadas: 42°34′04″N 8°53′14″O / 42.567700000243, -8.8870999997404

Area de Secada é un areal da Illa de Arousa, de 250 metros de area fina e branca. Sitúase no norte da Illa de Arousa e os accesos a ela son por camiños de terra, aínda que os de saída dela están asfaltados. Está dotada dunha pasarela que a percorre dende o IGAFA (Instituto Galego de Formación en Acuicultura) ata a fin da praia; Dispón de tódolos requisitos para ter a bandeira azul (bandeira que conseguiu en 2007 xunto coa praia de Camaxe na mesma illa). Está bastante afastada do centro urbano da Illa e polo tanto dos centros médicos, hospitais, hoteis etc. É salientable tamén que sexa unha praia moi profunda, polo que aínda en baixamar non hai que andar nin 10 metros para que a profundidade sexa superior á altura dunha persoa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha praia de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.