Praia da Concha, Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia da Concha, Ortigueira
Praia da Concha con marea baixa
Coordenadas: 43°43′16″N 7°48′32″O / 43.721000000145, -7.8089000003989

A praia da Concha é un dos areais que forman parte da costa da parroquia de Espasante, no concello coruñés de Ortigueira.

É unha praia que non abre directamente ó Atlántico, polo que non adoita ser perigosa para os bañistas. Ten uns 1.000 m de lonxitude e 30 m de anchura, limitada polo porto e a costa rochosa. Ten concedida a Bandeira Azul e dispón de servizos, tales como acceso a discapacitados, vixilancia, posto da Cruz Vermella, duchas, pasarelas etc.

O seu nome venlle dado pola súa forma, semellante a unha cuncha. A súa situación, a carón da vila de Espasante xunto coa ondaxe moderada fan dela a máis apreciada e concorrida das praias da parroquia durante o verán.