Pourris gâtés
Pourris gâtés | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Nicolas Cuche |
Guión | Gary Alazraki Nicolas Cuche Patricio Saiz Laurent Turner Adrian Zurita |
Intérpretes | |
Distribuidora | Apollo Films |
Estrea | 15 de setembro de 2021 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Francia |
Na rede | |
Pourris gâtés é unha película francesa dirixida por Nicolas Cuche e estreada o 15 de setembro de 2021.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Francis Bartek, un viúvo de orixe polaca que fixo fortuna na industria da construción en Mónaco desde cero, ten dous fillos, Philippe e Alexandre, e unha filla, Stella. Os tres nenos, xa bastante adultos, teñen todos os defectos. Alexandre continúa a ser expulsado de todos as institucións educativas ás que asiste dende a secundaria e mantén relacións coa muller e dúas fillas do director, amigo do seu pai. Philippe inventa un proxecto tras outro e só atende a saír de festa en lugar de axudarlle ao seu pai coa empresa. Finalmente, Stella é unha moza altiva, derrochadora e caprichosa que quere casar cun arxentino guapo e ocioso, Juan Carlos, ao que o seu pai odia. Este ten un ataque cardíaco na festa do 24 aniversario da súa filla, cando se decata de que os seus fillos son incapaces de traballar.
Para darlles unha lección, simula que dun día para outro, as contas da familia están bloqueadas polos xulgados por malversación e a policía chega ao seu domicilio para embargar os bens. O pai foxe cos fillos e agóchanse preto de Marsella, á casa de campo da súa infancia, á espera de poder demostrar a súa inocencia. Con medo de caer tan baixo, sen cartos nin comida, todos vense obrigados a ir buscar traballo. Stella convértese en camareira nun restaurante onde entende as humillacións que lle inflixiu ás persoas que traballaban para ela cando ela mesma é a vítima como empregada. Despois dun comezo difícil, Philippe converteuse en condutor de bicicleta-taxi, fíxose amigo dun dos seus compañeiros de taxi e comezou con el no negocio de calzado deportivo. Mentres tanto, Alexandre axuda ao seu pai a pintar e restaurar a casa.
O prometido de Stella descobre esta posta en escena inventada por Francis para poñer a proba aos seus fillos "mimados" e para obrigalos a enfrontarse ao mundo laboral. Tenta facerlle chantaxe ao pai coa finalidade de casar con Stella e botar man da fortuna familiar.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Gérard Jugnot como Francis Bartek.
- Artus como Philippe Bartek.
- Camille Lou como Stella Bartek.
- Louka Meliava como Alexandre Bartek.
- François Morel como Ferrucio.
- Tom Leeb como Juan Carlos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pourris gâtés na IMDb (en inglés).