Porto da Lúa
Bordeos, Porto da Lúa | |
---|---|
![]() | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV |
Inscrición | 2007 (31º Sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 1256 |
O Port de la Lune (Porto da Lúa) é o nome que recibe o porto de Bordeos, que data da Idade Media, pola forma do río que cruza a cidade.[1] Está representado cunha media lúa no escudo de Bordeos, e por tres medias lúas entrelazadas no escudo do municipio.
En 2007, o Porto da Lúa e preto de 1800 hectáreas da zona urbana circundante foron catalogados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO debido á súa excepcional e "innovadora arquitectura clásica e tendencias arquitectónicas neoclásicas" e a prominencia de Bordeos como centro da industria vitivinícola histórica e como centro comercial mundial durante máis de 800 anos.[2] O Patrimonio da Humanidade é a maior área urbana inscrita pola UNESCO (ata 2021), que abarca aproximadamente o 40% da superficie da cidade.
A UNESCO tamén premiou ao municipio polos seus esforzos para restaurar e embellecer os peiraos e fachadas do centro da cidade, incluíndo a Place de la Bourse, Miroir d'eau e o Grand-Théâtre.
Galería[editar | editar a fonte]
-
Escudo de Burdeos.
-
O Pequeno escudo.
-
Vista desde o avión.
-
O Porto da Lúa.
-
O Porto da Lúa, perspectiva desde o alto da agulla Saint-Michel.
-
Fachadas programadas do quai Richelieu.
-
Quai Louis XVIII e Quai des Chartrons.
-
O Miroir d'eau, o Pont de pierre e a Basílica de San Miguel.
-
A Place de la Comédie co Grand-Théâtre.
Notas[editar | editar a fonte]
- Referencias
- ↑ Chantal CALLAIS. Bordeaux, a history of architecture. Editions La Geste. 2019.
- ↑ "Bordeaux, Port of the Moon".
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Porto da Lúa |