Portfolio europeo das linguas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O portfolio europeo das linguas (tamén coñecido como PEL ou ELP) é un proxecto desenvolvido polo departamento de política lingüística do Consello de Europa dende 1997. É un instrumento para a aplicación do marco común europeo de referencia para as linguas, publicado en 2001.

O obxectivo é que cada persoa sexa consciente das linguas que coñece e que vai aprendendo. Consta dun pasaporte, un dossier e una biografía lingüística, na que se van anotando as capacidades lingüísticas, comunicativas e culturais nas diferentes linguas que practica.

Este portfolio está proposto para todos os países europeos. Hai un primeiro nivel (3-7 anos, que inclúe a educación infantil e o primeiro ciclo de primaria), un segundo (8-11 anos) e o estándar (para a educación secundaria e as persoas adultas).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]