Portal:Vigo/Artigo destacado/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Real Club Celta Baloncesto, coñecido por motivos de patrocinio como Real Club Celta Zorka é un club de baloncesto femenino con sede na cidade de Vigo. O club foi fundado no verán de 1996 logo da adquisición da praza do Juventud Astur (Aucalsa) de Oviedo. Xa no ano da súa fundación o equipo conseguiu o seu primeiro título nacional, a Copa Galicia.

O Real Club Celta Baloncesto é o equipo de baloncesto máis laureado de Galiza, tanto en categoría masculina como na feminina, e é un dos equipos máis laureados do baloncesto feminino español aínda en funcionamento. O club gañou a Liga Feminina (LF) en cinco ocasións (conseguindo tamén seis subcampionatos), tamén gañou catro veces a Copa da Raíña (amáis de conseguir cinco subcampionatos), por outra banda conseguiu 12 campionatos da Copa Galicia, sendo o equipo máis laureado da competición.

Logo de competir durante boa parte da súa historia na máxima categoría do baloncesto feminino español (a LF), na tempada 2011-12 descendeu á segunda categoría, a LF-2, na que compite dende a tempada 2012-13.