Portal:Música rock/Artigo destacado/xullo 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dave Grohl en 2007.

Dave Eric Grohl, nado o 14 de xaneiro de 1969 en Warren, Ohio, é un músico estadounidense de rock. Foi o batería de Nirvana dende 1990 ata a disolución da banda en 1994 despois da morte de Kurt Cobain. No ano 1995 formaría Foo Fighters, e recentemente formou o supergrupo Them Crooked Vultures xunto con Josh Homme e John Paul Jones.

Grohl comezou a súa carreira musical nos anos 80 como batería de varias bandas da área de Washington D.C., sendo a máis notable delas a banda de punk rock Scream.