Portal:Música rock/Artigo destacado/novembro 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Architecture in Helsinki no Flow Festival.

Architecture in Helsinki é unha banda australiana de indie pop procedente do suburbio de Northcote en Melbourne. O grupo está formado por Cameron Bird, James Cecil, Gus Franklin, Jamie Mildren, Sam Perry e Kellie Sutherland.

Moitos dos seus membros tocan varios instrumentos, e este amplo rango de instrumentación utilizada é unha importante característica da súa música. Nas súas gravacións e nos seus concertos usan dende os máis novidosos sintetizadores ou sampler; pasando por instrumentos clásicos coma a trompeta, a tuba, o trombón ou o clarinete; sen esquecer as guitarras o baixo e a batería.

Architecture In Helsinki comezou a tocar no ano 2000, realizando frecuentes xiras nacionais e internacionais. Xiraron polos Estados Unidos con bandas como Death Cab for Cutie e Clap Your Hands Say Yeah e foron teloneiros de artistas como David Byrne, The Polyphonic Spree, Yo La Tengo e Belle & Sebastian.