Portal:Música rock/Artigo destacado/agosto 2023

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Glenn Branca nos anos 80.

Glenn Branca, nado o 6 de outubro de 1948 en Harrisburg, Pensilvania e finado o 13 de maio de 2018, foi un influente compositor e guitarrista de vangarda. Branca utilizaba habitualmente guitarras preparadas e é coñecido polo seu uso de fortes volumes, repeticións, droning e series harmónicas. No ano 2008 concedéuselle unha subvención sen restricións da Foundation for Contemporary Arts.