Portal:Música rock/Artigo destacado/abril 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A banda islandesa de post-rock Sigur Rós.

O post-rock é un subxénero do rock alternativo caracterizado polo uso de instrumentos comunmente asociados á música rock, pero utilizando ritmos, harmonías, timbres e progresións de acordes que non adoitan atoparse neste tipo de música. Os músicos post-rock acostuman producir música instrumental.

Don Caballero e Tortoise estaban entre as bandas máis prominentes que se describiron como post-rock nos anos 90, pero os seus estilos eran moi diferentes, a pesar de ser bandas instrumentais que se centraban nas guitarras e nas baterías. Debido a estas diferenzas entre as distintas bandas do mesmo "xénero", moitos sosteñen que o uso do termo non é axeitado para falar de todos estes grupos.

Aínda que está fortemente enraizado coa escena indie e underground dos 80 e os 90, o estilo post-rock polo xeral aseméllase moi pouco a nivel musical ao indie rock.