Portal:Illa de Man/Sabías que.../Arquivo
Aparencia
Aquí están todos os Sabías que... do portal Illa de Man:
- ...que a Illa de Man nunca foi incorporada ao Imperio Romano e que foi citada polos clásicos cos nomes de Monapia, Menavi e Mevania?
- ...que a capital da Illa de Man, Douglas é o lugar de nacemento dos membros dos Bee Gees, Maurice, Robin e Barry Gibb?
- ...a lingua manx, orixinaria da illa, é unha lingua celta estreitamente relacionada co irlandés e co escocés?
- ...en 1881, o Parlamento da Illa de Man, Tynwald, converteuse no primeiro corpo lexislativo nacional do mundo en conceder ás mulleres o dereito a votar nunhas eleccións xerais, aínda que isto excluíu ás mulleres casadas?
- ...que os habitantes da Illa de Man teñen o seu propio pasaporte?