Portal:Celtas/Artigo destacado/8

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Invasión celta dos Balcáns produciuse cando grupos de galos, provenientes de varias tribos da Cultura de La Tène, comezaron migrar con dirección sueste cara á Península dos Balcáns, a partir do século -IV. Aínda que os asentamentos celtas concentráronse na metade occidental da Chaira panónica, houbo incursións e asentamentos notables dentro da península balcánica.

A partir das súas novas bases no norte de Iliria e Pannonia, as invasións galas culminaron no século -III coa invasión de Grecia. A invasión de Grecia no ano -279 foi precedida por unha serie de campañas militares dirixidas cara o sur dos Balcáns e contra o Reino de Macedonia, favorecido polo estado de confusión que se seguiu a partir da complexa sucesión de Alexandre o Grande. Unha parte da invasión cruzou Anatolia e acabaron por instalarse na zona que despois veu a ser chamada Galacia.

Dende o século -IV, grupos de celtas entraron na rexión dos Cárpatos e da chaira do Danubio, coincidindo coa migración á península itálica. Os Boios e os Volcae foron dúas grandes confederacións célticas que xeralmente cooperaron nas súas campañas. Grupos disidentes marcharon cara ao sur a través de dúas vías principais: unha seguindo o río Danubio e outra cara ao leste de Italia. Segundo as lendas 300.000 celtas trasladáronse cara a Italia e Iliria. No século -III, os habitantes nativos de Pannonia foron case completamente celtizados.Restos da cultura de La Téne foron atopados amplamente Pannonia, pero os que se atoparon atópase cara ao oeste, alén do río Tisza e cara ao sur, alén do río Sava son moi escasos. Estes achados son considerados como produtos pola cultura local Norica-Pannonia, unha variación da cultura celta. As fértiles terras arredor dos ríos de Pannonian permitiron ós celtas establecerse de forma doada, desenvolver a súa agricultura e cerámica, e ó mesmo tempo explorar as ricas minas da Eslovenia moderna. Así, semella que os celtas crearon unha nova patria para si no sueste de Europa, concentrada nunha rexión que se estendía dende Viena ata o río Tisza.