Portal:Cataluña/Artigo destacado/Arquivo
Aquí están todos os artigos destacados no portal Cataluña:
O catalán é unha lingua románica falada nalgúns territorios de España, Francia e Italia, así como tamén en Andorra, feito que propicia a denominación destes territorios como Países Cataláns, dada a súa unidade lingüística e cultural. Cómpre sinalar por outra banda que na Comunidade Valenciana o catalán recibe o nome de valenciano.
É lingua oficial de Andorra, cooficial en Cataluña, País Valenciano e as Illas Baleares xunto ó castelán, e carece de oficialidade na Franxa de Aragón, na Cataluña do Norte (Francia), na cidade sarda de L'Alguer e na zona de El Carche (Murcia). É a lingua habitual duns 4,4 millóns de persoas; ademais, son capaces de falalo uns 7,7 millóns e é comprendido por preto de 10,5 millóns de persoas.
É a máis diferente das linguas romances ibéricas debido á súa adscrición á póla galorrománica, polo que está emparentada filoxeneticamente co francés e o occitano.
Portal:Cataluña/Artigo destacado/2
Portal:Cataluña/Artigo destacado/3
Portal:Cataluña/Artigo destacado/4
Portal:Cataluña/Artigo destacado/5
Portal:Cataluña/Artigo destacado/6
Portal:Cataluña/Artigo destacado/7
Portal:Cataluña/Artigo destacado/8
Portal:Cataluña/Artigo destacado/9