Portal:Bulgaria/Biografía destacada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fernando I de Bulgaria, nado en Viena o 26 de febreiro de 1861 e finado en Coburgo o 10 de setembro de 1948 , foi príncipe e máis tarde tsar de Bulgaria. Durante o seu longo reinando, Bulgaria proclamou a súa independencia do Imperio otomán e participou en diversas guerras para ampliar o seu territorio. Veuse forzado a abdicar trala derrota do seu país na Primeira Guerra Mundial en 1918 e dende entón viviu no exilio ata a súa morte en 1948...