Pobre de mí
Aparencia
O Pobre de mí é un cántico popular que serve para poñer o punto final aos Sanfermines, celebrados en Pamplona.[1] Cántase o día 14 de xullo de cada ano ás 24 horas, na Plaza Consistorial, cando o alcalde da cidade anuncia o final das festas en honor de San Fermín.
Á hora en punto, o alcalde asómase dende o balcón do Concello para poñer fin ás festas e dirixíndose ao xentío espeta: "Xa falta menos para o glorioso San Fermín" e empraza a todos a participar nos Sanfermines do ano seguinte. Dende a contigua Plaza de los Burgos óese o ruído dunha traca de foguetes lanzada para marcar o final das festas.
Pobre de mí,
pobre de mí,
que se han acabado
las fiestas de San Fermín.