Saltar ao contido

Pobo shuswap

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo shuswap
Shuswap.
Poboación
Poboación total:
6 755 (2016, incluíndo mestizos)[1]
Rexións principais:
Canadá(Columbia Británica)
Aspectos culturais
LinguaLingua shuswap e inglés
Grupos
relacionados
Outros pobos salish

Os shuswap (coñecidos tamén na súa propia lingua como secwépemc, [ʃəˈxʷɛpməx])[2] son un pobo indíxena orixinario do interior da Columbia Británica, no Canadá. Falan unha lingua da familia salish, a lingua shuswap.

Territorio shuswap, coñecido na súa lingua como Secwepemcúĺecw.

Secwepemcúĺecw é o territorio tradicional do pobo shuswap e abrangue dende o leste da meseta de Chilcotin, rodeando o país Tŝilhqot'in, e a meseta de Cariboo ao sueste a través do país Thompson até a cidade de Kamloops. Abrangue as montañas Selkirk e o Big Bend do río Columbia e inclúe a parte norte da rexión do val do Columbia. O seu territorio tradicional abrangue aproximadamente 145.000 quilómetros cadrados.[3] Tradicionalmente, dependían da caza, do comercio e da pesca para manter as súas comunidades.[3]

  1. "Data Tables, 2016 Census". Statistics Canada. 25 de outubro de 2017. Consultado o 26 de setembro de 2018. 
  2. "First Nations Peoples of British Columbia". Government of British Columbia – Ministry of Education. Consultado o 2013-05-14. 
  3. 3,0 3,1 "Secwepemc Cultural Education Society". Arquivado dende o orixinal o 1998-11-11. Consultado o 2017-11-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]