Pobo mentawai
Aparencia
Pobo mentawai | |
---|---|
Homes mentawai, 1895. | |
Poboación | |
Poboación total: 64 000[1] | |
Rexións principais: | |
Illas Mentawai, Indonesia | 64 000 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Mentawai e indonesio |
Relixión | Cristianismo (predominante), animismo, xamanismo |
Grupos relacionados | pobo sakuddei |
Os mentawai (tamén chamados mentawei e mentawi) son un pobo nativo das Illas Mentawai, na provincia de Sumatra Occidental, Indonesia. O seu xeito de vida é semi-nómade e cazador-colleiteiro. Habitan nas zonas costeiras e selváticas das illas. A súa poboación estímase en arredor de 64 000 persoas. A lingua mentawai pertence á familia austronesia. Este pobo caracterízase pola súa espiritualidade, a súa arte corporal e a tendencia a limar os dentes, unha práctica que eles consideran estética e embelecedora.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mentawai of Indonesia". People Groups. Consultado o 10 de marzo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo mentawai |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Thom Henley; Taveepong Limapornvanich (2001). Living Legend of the Mentawai. Ban Thom Pub. ISBN 0-9689091-2-4.