Saltar ao contido

Pneumatociste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Algas quelpos flotantes (Macrocystis pyrifera) con moitos pneumatocistes.
Vesículas flotadoras de Fucus vesiculosus.

En ficoloxía, un pneumatociste ou aerociste é unha estrutura vesicular flotadora que contén gas, que se encontra en algas pardas. O talo dunha alga pode ter máis dun pneumatociste. Proporcionan flotabilidade para manter as láminas da alga flotando estendidas na superficie ou en vertical, facilitando que reciban máis luz solar para realizar a súa fotosíntese, e permitindo (nas algas fixadas ao substrato) que se abaneen coas ondas do mar sen desgastarse contra o fondo.

A proporción de gases dos pneumatocistes varía dependendo da situación fisiolóxica da alga e a presión parcial de gases na auga que a rodea.[1] Os pneumatocistes poden conter O2, CO2, e N2.[1]

Son exemplos de algas con vesículas flotadoras (aerocistes) as Fucus vesiculosus, Ascophyllum nodosum ou Sargassum.

Pneumatociste de Nereocystis luetkeana.
  1. 1,0 1,1 Thiel, M.; L. Gutow (2005). "The Ecology of rafting in the marine environment". Oceanography and Marine Biology: An Annual Review (The Floating Substrata) 42: 181–264.