Playas de Castellón Fútbol Sala
Playas de Castellón Fútbol Sala | |||
---|---|---|---|
Nome | Playas de Castellón Fútbol Sala Macer Fútbol Sala | ||
Alcume(s) | Playas | ||
Fundación | 1983 | ||
Estadio | Pavillón Ciutat de Castelló Castelló de la Plana, España | ||
Capacidade | 6.000 | ||
Presidente | Xosé Antonio Lobelle | ||
Adestrador | Tomás de Dios | ||
Liga | División de Honra (LNFS) | ||
2009-10 | 11º | ||
Vestimenta | Umbro | ||
Patrocinador | Macer | ||
Na rede | |||
http://www.playascastellon.com/ | |||
| |||
O Playas de Castellón Fútbol Sala é un equipo español de fútbol sala da cidade de Castelló de la Plana (Comunidade Valenciana). A vindeira tempada xogará na División de Prata da Liga Nacional de Fútbol Sala logo de descender na tempada 2010-11 da máxima categoría, na que levaba xogando 22 anos (desde a súa creación).
O equipo foi fundado en 1983 como Macer Fútbol Sala, club da empresa de azulexos Macer, e nos seus primeiros anos tiña a súa sede en Almassora. En 1993 trasladouse a Castelló de la Plana e cambiou o seu nome por Playas de Castellón. A mellor etapa do club tivo lugar a finais dos anos '90, cando gañou dúas Ligas españolas consecutivas (1999-00 e 2000-01) e un Campionato europeo de clubs.
Historia
[editar | editar a fonte]Macer Fútbol Sala
[editar | editar a fonte]En 1983 fundouse o Club Macer Fútbol Sala, un equipo de fútbol sala da empresa de azulexos Macer. Nun principio, o club estaba situado en Almassora e formouse con traballadores da empresa e veciños da cidade. Na tempada 1985-86, os castellonenses ingresaron na liga territorial, e tras varios ascensos chegaron á segunda categoría estatal na tempada 1987-88. Neses tempos chegou á presidencia o empresario Agustín Poyatos Mora, que logrou o ascenso á División de Honra da Liga Nacional de Fútbol Sala, acabada de crear.
No seu debut, o club recibiu o nome de Keralite Macer e foi unha das revelacións da liga. O club de Almassora finalizou primeiro nas fases preliminares e chegou ata a final da liga, na que perdeu ante o Interviú Lloyd's. Unha tempada despois, Macer chegou ata as semifinais dos playoffs polo título.
Playas de Castellón
[editar | editar a fonte]A partir da tempada 1992-93, o club centrouos seus esforzos en atraer espectadores de toda a provincia de Castelló. Ese ano cambiou o seu nome polo de Bisontes de Alzamora e o 13 de maio de 1994 certificou o seu traslado á capital, Castelló de la Plana. En 1994 o club cambiou o seu nome por Playas de Castellón Fútbol Sala, trasladouse ao polideportivo Ciutat de Castelló, ampliou a súa carteira de patrocinadores e recibiu apoio do Concello e da Deputación de Castellón.
Cunha nova xestión deportiva, o club castellonense converteuse nunha das potencias da LNFS. Aínda que finalizou a liga regular de 1997 e 1999 no primeiro posto, o club levantino non conseguiu en todo ese tempo ningún título oficial. Nese tempo xurdiron xigadores como Vicente Mas "Vicentín", unha das primeiras estrelas internacionais españolas neste deporte.
Na tempada 1999-00, un Playas de Castellón liderado polo pívot brasileiro Edesio terminou líder a liga regular e conseguiu a súa primeira Liga alo vencer na final ao CLM Talavera. Un ano despois, os castellonenses reforzáronse cos mellores xogadores do desaparecido CLM Talavera e revalidaron o título de liga ante o Valencia Vijusa, co internacional español Javi Rodríguez como xogador máis destacado. A nivel internacional, Playas de Castellón gañou durante tres anos consecutivos a Copa da UEFA de fútbol sala, entre 2001 e 2003. Na tempada 2004-05, o club gañou a Supercopa de España.
A partir do ano 2006, Playas de Castellón viu reducido o seu presuposto e tivo que traspasar aos seus mellores xogadores. Na tempada 2006-07, o club non se clasificou para a fase final polo título por primeira vez na súa historia, e os seus resultados deportivos empeoraron. Finalmente, na tempada 2010-11 o club descendeu á División de Prata.
Cadro 2010/11
[editar | editar a fonte]
|
|
- Adestrador: Fran Torres
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 2 División de Honra: 1999/00 e 2000-01)
- 1 Supercopas de España: 2004-05
- 3 Copas da UEFA de Fútbol Sala: 2000-01, 2001-02, 2002-03
- 5 Copas da Generalitat Valenciana: 1998-99, 1999-00, 2000-2001, 2001-2002 e 2003-2004