Pico Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 78°30′30″S 85°42′00″O / -78.5083, -85.7

Pico Galiza
Pico Galicia

Localización xeográfica
CordilleiraSentinel
Localización administrativa
LocalizaciónAntártida Antártida
Características xerais
Altitude4500 m
Montañismo
Primeira ascensiónMiguel Ángel Vidal, 2004.

O Pico Galicia (en lingua búlgara: връх Галисия)[1] é un cume de 4500 metros na Cordilleira Sentinel situado nos montes Ellsworth, na Antártida.[1]

O cume foi nomeado en honor a Galiza, xa que foi ascendido polo español Miguel Ángel Vidal o 28 de decembro de 2004.

Localización[editar | editar a fonte]

O cume está localizado en 78°30′30″S 85°42′00″O / -78.50833, -85.70000, o cal está a 5,02 quilómetros ao sur do Monte Shinn (4661 m), 2,62 quilómetros ao nordés do Monte Vinson (4892 mn), 840 metros do norte do Monte Branscomb (4520 m) e a 5,5 quilómetros ao sueste da cima Knutzen (3373 m)

Mapas[editar | editar a fonte]

Mapa da cordilleira Sentinel.
  • Macizo Vinson. Escala 1:250 000 mapa topográfico. Reston, Virxinia: E.U.A. Enquisa Xeolóxica, 1988.
  • D. Gildea e C. Rada. Vinson e a cordilleira Sentinel. Escala 1:50 000 mapa topográfico. Omega Fundación, 2007.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Latitude and longitude of Galicia Peak". Consultado o 7 de outubro de 2016.